CINEMA “BITELCHUS”

Xoves 14 de Marzo. 17:00h (APERTURA DE PORTAS 16:30)

Lugar: comedor do colexio.
Data: xoves 14 de Marzo
Emisión: 17:00 horas.
Película: “BITELCHUS”.

Dende a ANPA A Cubela temos o pracer de presentarvos de novo a iniciativa xa levada a cabo o pasado curso con moi boa acollida por parte do alumnado no noso centro e as súas familias.

Trátase do… CINEMA!!

Teremos á vosa disposición diferentes comidas/bebidas que poderedes adquirir a prezos moi asequibles para axudar ao alumnado de sexto de primaria na recadación de fondos para a súa excursión de fin de curso.

LEMBRAMOS QUE ESTÁ TOTALMENTE PROHIBIDO FUMAR EN TODO O RECINTO ESCOLAR.

Agradecemos, coma sempre, de antemán, a vosa colaboración.

Entradas

Prezos: 2€ SOCIOS / 12€ NO SOCIOS.

Para realizar a reserva tedes que cubrir un formulario na ligazón que se indica máis abaixo. O formulario estará dispoñible a partir do xoves 7 de marzo, desde as 10:00h.

O aforo é limitado, polo que as entradas entregaranse por rigorosa orde de inscrición. Se alguén que dispoña de entrada finalmente non pode acudir, agradecemos que comuníquenolo, desta maneira poderá acudir un/a alumno/a que puidese ser situado/a en lista de espera.

Enlace formulario: https://formlimit.everestwebdeals.co/?form=61450a38e61e1a31cfae385656167f57

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *