Xoves 16 de maio 17:00h (APERTURA DE PORTAS 16:30)
Lugar: comedor do colexio.
Data: Xoves 16 de maio
Emisión: 17:00 horas.
Película: “LOS GOONIES”.
Dende a ANPA A Cubela temos o pracer de presentarvos de novo a iniciativa xa levada a cabo o pasado curso con moi boa acollida por parte do alumnado no noso centro e as súas familias.
Trátase do… CINEMA!!
Teremos á vosa disposición diferentes comidas/bebidas que poderedes adquirir a prezos moi asequibles para axudar ao alumnado de sexto de primaria na recadación de fondos para a súa excursión de fin de curso.
LEMBRAMOS QUE ESTÁ TOTALMENTE PROHIBIDO FUMAR EN TODO O RECINTO ESCOLAR.
Agradecemos, coma sempre, de antemán, a vosa colaboración.
Entradas
Prezos: 2€ SOCIOS / 12€ NO SOCIOS.
Para realizar a reserva tedes que cubrir un formulario na ligazón que se indica máis abaixo. O formulario estará dispoñible a partir do venres 10 de maio, desde as 10:00h.
O aforo é limitado, polo que as entradas entregaranse por rigorosa orde de inscrición. Se alguén que dispoña de entrada finalmente non pode acudir, agradecemos que comuníquenolo, desta maneira poderá acudir un/a alumno/a que puidese ser situado/a en lista de espera.