Data: mércores, 28 de xaneiro
Horario: de 16.00 a 17.30 horas
Lugar: Salón de actos do colexio
Por que é importante asistir?
Hoxe en día, os nosos fillos e fillas utilizan a diario móbiles, redes sociais, videoxogos e outras plataformas dixitais. Aínda que a tecnoloxía ofrece moitas oportunidades, tamén conleva riscos que, como familias, ás veces non sabemos como xestionar:
· Como protexer a súa privacidade en redes sociais?
· Que facer ante situacións de ciberacoso, contactos inapropiados ou contidos inadecuados?
· Como establecer límites saudables no uso de pantallas sen xerar conflitos?
· Como acompañarlles para que desenvolvan un uso responsable e seguro da tecnoloxía?
Para dar resposta a estas inquietudes, levará a cabo a sesión formativa:
«Menores conectados: educación dixital en ciberseguridad e privacidade»
Este programa educativo é unha iniciativa desenvolvida en colaboración coa Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) e está especialmente deseñado para familias.
Durante a charla ofreceranse:
– Consellos prácticos e ferramentas para o día a día en casa.
– Orientacións para previr riscos en liña e actuar ante posibles problemas.
– Pautas para protexer a seguridade e a privacidade dos menores en redes sociais, videoxogos e dispositivos móbiles.
– Recomendacións para fomentar hábitos saudables de conexión, descanso e benestar dixital.
Acompañar aos nosos fillos e fillas na súa vida dixital non sempre é sinxelo.
Hoxe en día circulan casos de ciberacoso, suplantación de identidade e exposición de datos persoais que afectan a menores, e moitas familias non saben como actuar a tempo. Contar con información clara e consellos prácticos pode marcar a diferenza para axudarlles a usar a tecnoloxía de forma segura, responsable e equilibrada, coidando o seu benestar día a día.
Animámosvos a asistir e a aproveitar esta oportunidade para resolver dúbidas e adquirir recursos útiles para a contorna familiar.
As prazas son limitadas, para asistir, debedes cumprimentar un sinxelo formulario: https://forms.gle/7PqnomGUehLG2D8q6
Ademais, desde a asociación poñemos á vosa disposición un servizo de canguro para poder facilitar a vosa conciliación e asistencia ao evento.
