Desde a nosa ANPA, temos o pracer de anunciar a realización dunha serie de xornadas dentro do proxecto “Educando en Igualdade”, coa colaboración do CEIP San Francisco Javier e grazas ao apoio económico da Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia (procedemento SI449B) no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Estas xornadas están deseñadas para ofrecer formación en igualdade tanto ao alumnado como ás súas familias, co obxectivo de promover os valores de coeducación, respecto e bos tratos na nosa comunidade educativa.
Formación para o Alumnado
O alumnado de primeiro, terceiro e quinto de Educación Primaria, cuxos titores/as decidiron participar no proxecto, recibirá a formación no horario escolar. Ademais, os demais cursos terán a oportunidade de participar no horario extraescolar nas seguintes datas e horarios:
- Infantil e 2º de Primaria: Martes, 19 de novembro, de 16.15 a 17.45 horas.
- 4º e 6º de Primaria: Mércores, 20 de novembro, de 16.15 a 17.45 horas.
Para inscribir aos vosos fillos/as, simplemente tedes que completar o formulario no seguinte enlace:
Infantil e 2º de Primaria: https://forms.gle/feGMBWAn29XEu3h26
4º e 6º de E. Primaria: https://forms.gle/4RTqiaVbDtGYo2G88
Se os vosos fillos/as son usuarios do comedor, non será necesario recollelos, xa que serán acompañados directamente á formación no salón de actos do centro.
Se non son usuarios do comedor, deberán ser entregados na porta de actividades extraescolares, situada na rúa Roberto Tojeiro, ás 16.15 horas. No caso de choiva, os nenos/as entrarán ao porche e recollerémolos alí ás 17.45 horas.
Lembrade que estas xornadas están abertas a todas as familias do CEIP San Francisco Javier, sexan ou non socias da ANPA.

Formación para Familias: “Educando co Corazón”
Ademais da formación para o alumnado, queremos convidar a todas as familias a unha xornada de formación para pais e nais, que terá lugar o xoves 21 de novembro no Faro de Oza. Baixo o título “Educando co corazón”, abordaremos a importancia de educar en igualdade, traballando os catro piares fundamentais dos “bos tratos”: coeducación, autoestima, asertividade e resolución de conflitos.
A formación dividirase en dous horarios, segundo o curso dos vosos fillos/as:
- Nais e pais de Infantil, 1º e 2º de Primaria: de 16.30 a 17.45 horas.
- Nais e pais de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria: de 18.00 a 19.30 horas.
Para asistir, só tedes que confirmar a vosa presenza neste enlace
Nais e pais de Infantil, 1º e 2º de Primaria: https://forms.gle/4RTqiaVbDtGYo2G88
Nais e pais de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria: https://forms.gle/p2hqMZgGx3PD8UtTA
Ademais, se precisades servizo de canguro, tamén podedes solicitalo no mesmo formulario.


