Servizo de comedor e mañanceiros para o curso 2022/23

SERVIZO DE MAÑANCEIROS E SERVIZO DE COMEDOR.

Ambos os servizos comezan o día 8 de setembro, a excepción do alumnado de 4º de Infantil, que o fará o 19 de setembro.

MAÑANCEIROS

Este servizo comeza ás 7:30 e remata ás 8:45 horas. A entrada realizarase pola porta peonil da Rolda de Outeiro. As familias ou acompañantes non poderán acceder ao interior do centro, excepto para o alumnado de Infantil. Estes alumnos e alumnas poderán ser acompañados por un adulto ata a porta do comedor. Todo o alumnado usario deste servizo debe portar un estoxo con cepillo e pasta de dentes.

COMEDOR

O alumnado de Infantil que faga uso deste servizo levará necesariamente (pola súa propia seguridade) no mandilón un cartón identificativo na que en letras maiúsculas poida distinguirse facilmente ” COMEDOR + CURSO + LETRA”.
Os usuarios deste servizo portarán cepillo e pasta de dentes.
Rogamos, para evitar o desperdicio de alimentos, si algún día existe previsión de non facer uso do servizo, poidan avisar á empresa.
Poderán comunicar este tipo de avisos enviando mail a “comedor@jardanay.es” ou por teléfono ao 981 12 66 27.

SAÍDA DO COMEDOR

A saída realizarase igual que o ano pasado, en dúas quendas.

  • Primeira quenda: 15:30 horas
  • -Segunda quenda: 15:50 a 16:00 horas

Os primeiros días non é necesario avisar do horario de preferencia. Será o monitor quen facilite indicacións ás familias para os próximos días.

En ambas as quendas os alumnos de Infantil sairán do recinto pola porta peonil da rúa Roberto Tojeiro.
Os alumnos de Primaria serán recollidos pola porta peonil de Rolda de Outeiro.

Cando os alumnos sexan irmáns en diferentes ciclos, a saída realizarana xuntos pola porta que corresponda ao maior dos irmáns.

Jardanay deberá ter identificadas a todas persoas autorizadas para a recollida do alumno e o responsable do comedor na entrega poderá pedir a identificación correspondente si a persoa que recolle ao menor non é quen acude habitualmente. Esta documentación pode ser facilitada a través da web de Jardanay.

Por último, indicar que nos próximos días enviarase un mail informativo para as familias de 4º de Infantil convocándolles a unha reunión cos responsables do servizo de comedor.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *