Eleccións ao Consello Escolar

Anímate a votar nas eleccións ao Consello Escolar!

O próximo luns, 18 de novembro, entre as 16:00 e as 19:00 horas, hai eleccións ao Consello Escolar. É a ocasión perfecta para que as familias teñamos voz na toma de decisións do colexio.

O Consello Escolar é onde se decide sobre moitas cousas que afectan ao día a día do centro, como normativas, orzamentos, actividades, organización e propostas para mellorar a educación dos nosos fillos e fillas. Por iso, é tan importante que participemos e elixamos aos nosos representantes.

Por que votar?

Porque a túa opinión conta. Votando, contribúes a mellorar a educación no colexio e aseguras que as necesidades das familias estean presentes nas decisións que se toman.

Quen pode votar?

Teñen dereito  a votar todos os proxenitores e titores legais do alumnado matriculado. É un dereito que corresponde a cada un, podendo votar os dous. E pódexe votar un máximo de 2 candidaturas.

Onde e cando?

Luns 18 de novembro, de 16:00 a 19:00 horas, no propio colexio.

Pódese consultar toda a info aquí.

Contamos contigo!

A túa participación fai a diferencia. Non faltes!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *