Extraescolares

O deseño da oferta das actividads extraescolares é un dos obxectivos principais da Asociación. Desde a ANPA valóranse as propostas das empresas e as necesidades detectadas de conciliación das familias e procúrase facer unha oferta o máis plural e completa posible.

Horarios

Todos os días en dúas franxas horarias.
De 16h a 17h e de 17h a 18h.

Matrícula

Tanto o prezo coma a matrícula é xestionada polas empresas proveedoras

Alumnado de comedor

O alumnado de comedor entra directamente ás 16h.
Para as actividades das 17h terá que ser recollido pola familia.

Normas de inscrición nas actividades

Todas as matrículas das actividades xestionaranse directamente coa empresa organizadora das mesmas, atendendo á información detallada que atoparedes ao final desta circular.

  • É requisito imprescindible para a matriculación en calquera delas, ser socia ou socio da ANPA e estar ao corrente das cotas. Para iso será necesario achegar o xustificante de pago da cota de socio xunto á documentación que se solicite. En caso de detectarse algunha inscrición sen cumprir este requisito, procederase á baixa inmediata na mesma ata que se presente a documentación acreditativa.
  • É importante cando se fagan as inscricións, sinalar o curso e letra ao que pertence o alumno ou alumna.
  • As altas ou baixas NUNCA SON INSTANTÁNEAS. Cada empresa ou club debe ter constancia da mesma ata o día 26 (incluído) de cada mes, para que poida ser efectiva o mes seguinte.
  • Exemplo: comunico nova alta o 15 de xaneiro, pode empezar a actividade en febreiro.
    Calquera alta que se produza posteriormente (día 27 ou seguintes) non poderá ser tida en conta para comezar o mes seguinte ao da comunicación, senón que haberá de comezar o posterior.
  • Exemplo: comunico nova alta o 28 de xaneiro, terá que esperar o mes de marzo para iniciar a actividade (a condición de que haxa prazas dispoñibles).


Novas do extraescolares

Neste apartado atoparás información de interese sobre as extraescolares

Información e contacto das empresas

Gimnasio Fibra


Federación de Anpas

Activa

Basquet Coruña

Jumpinkids


Crecer Creando

Natación

Sonicreques