Desde a Concellería de Deportes do Concello da Coruña querémosvos informar do inicio do Programa de Natación Escolar en centros educativos públicos.
Nesta edición coincidindo co inicio do curso escolar, e para facilitar ás familias a incorporación da actividade no horario anual de cada rapaz e rapaza, a partir do día 12 e ata o 23 de setembro, poderase realizar a inscrición no Programa Municipal de Natación Escolar.
Como recomendacións básicas para levar a cabo esta campaña coa maior efectividade, deberanse respetar as seguintes pautas:
O colexio tómase como referencia para a recollida e entrega dos escolares as suas familias. O centro garantirá a presenza dun adulto que se fará responsable dos alumnos no tempo que permanezan na parada.
PISCINA DO CLUBE DO MAR (Piscina de San Amaro)
Día: martes
Recollida 16:00 Horas Lugar Puerta del centro (Ronda Outeiro)
Entrega 17:50 Horas Lugar Puerta del centro (Ronda Outeiro)
O custo por alumno é de 53,47€. Esta cota inclue o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria.
O prazo máximo de inscrición para os escolares comeza o 12 de setembro e remata o 23 de setembro.
A inscrición e pago poderase realizar por orden de chegada, entregando a folla de inscrición debidamente cuberta nas oficinas do Club del Mar.:

