Oferta de extraescolares para o curso 2023/24

Dende a ANPA, este curso, ofertaranse as seguintes actividades extraescolares que esperamos poidan ser de interese.

Como xa é sabido, precísase un número mínimo de inscricións para poder poñer en funcionamento as actividades, que darán comezo a partir do día 2 de outubro de 2023.

Algunhas actividades teñen límite de capacidade (ao redor de 20), a partir do cal a actividade tería que se desdobrar. Se o número de inscricións supera ao de prazas, buscaranse localizacións dispoñibles no colexio para poder impartir a actividade, de forma desdobrada e simultánea, a fin de acoller a todos os interesados. No caso de que non fose posible, realizarase unha selección por sorteo de letra de apelido. Neste último caso, comunicarase o día e hora en que se realice o sorteo e a letra que resulte do mesmo.

Oferta de actividades para o curso 2023/24