PROGRAMA CÓXEGAS

Este curso 2023- 2024, contaremos co programa de conciliación CÓXEGAS SETEMBRO 2023, dende o primer día de colexio, luns 11 de setembro ata o 29 de setembro de 2023.

HORARIO. De luns a venres, das 16:00 as 18:00 h.

O horario de asistencia neste programa será o elexido por cada participante no formulario de inscrición.

Neste programa non se contempla a posibilidade da entrada á actividade ás 17:00 h. aínda que sí se podería sair a dita hora sempre e cando o participante teña marcada a opción de 16:00 a 17:00 h. na inscrición.

RATIO: Mínimo 10 escolares por tramo de idade para formar grupo. A partir de 20, desdoblarase o grupo.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Prazo improrrogable do 1 ao 5 de setembro de 2023 en www.fedapascoruna.org/inscripciones

CUSTO DO PROGRAMA:

15€ por participante.
Os escolares beneficiarios de beca comedor aboarán o 50% da cota (7,50€).
Ademáis, aboarase unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que dará cobertura ao escolar en todos os programas xestionados pola Federación de Anpas para o curso 23-24.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *