CINEMA “VAIANA II”

Data: Venres 7 de Febreiro.

Lugar: Salón de actos do centro.

Horario: 16.10 horas.

Película: “VAIANA II”

Non estará permitido entrar ou saír ata finalizar a emisión.

RESERVA E VENDA DE ENTRADAS:

Para realizar a reserva tedes que cubrir un formulario na ligazón que se indica máis abaixo. O formulario estará dispoñible a partir deste intre.

Nos próximos días recibiredes un mail de confirmación ou de reserva.

O mesmo día do cinema, ao acceder ao recinto, realizarase o abono da entrada: 2€.
Rógase abonar o importe exacto.

O aforo é limitado, polo que as entradas se entregarán por rigorosa orde de inscrición. Se alguén que dispoña de entrada finalmente non pode acudir, agradecemos que comuníquenolo, desta maneira poderá acudir un/a alumno/a que puidese ser situado/a en lista de espera.

Enlace formulario:
https://forms.gle/WUbnkVgapeEBprJv9

Teremos á vosa disposición diferentes comidas/bebidas que poderedes adquirir a prezos moi asequibles para axudar ao alumnado de sexto de primaria na recadación de fondos para a súa excursión de fin de curso.

LEMBRAMOS QUE ESTÁ TOTALMENTE PROHIBIDO FUMAR EN TODO O RECINTO ESCOLAR.

Vémonos no cine!!

Publicacións similares

  • Festa Samaín 2022

    XOVES 27 DE 16.00H – 19.00H. Bruxas, curuxas, cabazas, mouchos, esqueletes, e outras criaturas terroríficas van invadir o patio do colexio!. Xa chega a festa do Samaín ao San Francisco Xabier. Festa de Samaín… a…

  • Festa de Nadal

    CHEGA O NADAL!!! Imos de festa para empezar as Vacacións!!! Día: Xoves, 22 de Decembro | Hora: 16:00 a 19.00 horas | Lugar: Pista cuberta Papá Noel recollerá as vosas cartas, bailaremos na pista cos…

  • FESTA NADAL 2025

    Día: Venres 19 de Decembro | Hora: 16:00 a 19.00 horas | Lugar: Pista cuberta Outro ano máis Papá Noel virá ao cole para recoller as vosas cartas, bailaremos na pista con animadores, xogos moi divertidos, talleres variados… Ademais contaremos…

  • Festa de Nadal 2023!

    Día: Xoves, 21 de Decembro | Hora: 16:00 a 19.00 horas | Lugar: Pista cuberta Outro ano máis Papá Noel virá ao cole para recoller as vosas cartas, bailaremos na pista con animadores, haberá photo-call, xogos moi divertidos,…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *