A banda de versións de rock, The Muppets, ofreceu, o pasado venres 27, un evento musical abraiante que cautivou aos nenos e arricou aplausos de todas as idades. Tanto pequenos como maiores bailaron e saltaron durante a hora e media que durou este concerto extraordinario, deixando impresión non só na banda, que asegurou que este fora o público máis novo da súa carreira musiscal, senón tamén nas paredes do noso colexio.


