Festa ENTROIDO 2025

28 de febreiro de 16.00 a 19.00 horas | Patio cuberto do centro.

Contaremos con diferentes xogos, talleres e atraccións!! Inchables, xogos tradicionais… e moito mais!!

Para encher o bandullo teremos comida/bebidas que nos ofrecerán o alumnado de sexto de primaria e así colaborar co custe da súa excursión de Fin de Curso.

Tamén serán premiados os mellores disfraces!! Haberá diferentes categorías para valorar a orixinalidade, o traballo, o humor e a posta en escena por cada grupo de idade.

Moitas sorpresas nos esperan!!!

Venda de entradas

A venda de entradas realizarase no local da asociación o martes 25 e o mércores 26

  • 9:10h a 9:30h pola mañá únicamente o martes 25
  • 16:15h a 17:00h pola tarde o martes 25 e o mércores 26

Prezos

Os prezos son de 2€ para o alumnado das familias socias e 12€ para o alumnado das familias non socias

Lembrade que, como é habitual, as actividades extraescolares programadas para ese día quedan anuladas.

Agardámosvos!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *