FESTA ENTROIDO 2026



Achéganse as datas de Entroido e desde o ANPA A Cubela queremos convidarvos á gran celebración que estamos a preparar para o vindeiro venres 13 de febreiro. Será unha tarde chea de cor, música e diversión co noso esperado Concurso de Disfraces.


• Data: Venres, 13 de febreiro.
• Horario da festa: De 16:00h a 19:00h.


Sorpresa final: Ao finalizar a festa haberá unha bolsa sorpresa para todos os asistentes!

Venda de entradas:
As entradas poderanse adquirir presencialmente no local da ANPA. É importante lembrar que non se venderán entradas fóra destas datas:

• Días: Martes 10 e mércores 11 de febreiro.
• Horario de mañá: De 9:10h a 9:30h.
• Horario de tarde: De 16:15h a 16:45h.


Prezos:
• Socios: 2 €
• Non socios: 12 €


• Desconto do 50% a partir do segundo irmán/a en diante.

Esperámosvos para gozar xuntos do Entroido!

*Lembramos que para esa tarde quedan canceladas todas as actividades extraescolares.




Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *