FESTA NADAL 2025

Día: Venres 19 de Decembro | Hora: 16:00 a 19.00 horas | Lugar: Pista cuberta

Outro ano máis Papá Noel virá ao cole para recoller as vosas cartas, bailaremos na pista con animadores, xogos moi divertidos, talleres variados… Ademais contaremos con moitas sorpresas e cousas ricas que preparará o alumnado de sexto de primaria para axuda da súa excursión de Fin de Curso!

Haberá o sorteo de dúas CESTAS de NADAL, consegue as rifas que xa está vendendo o alumnado de sexto!!!

Gardade ben a vosa entrada, ao sair daranvos unha sorpresa, pero hai que entregar a entrada.

Ao fin da festa… bolsa de SORPRESAS!!!!

Entradas

As entradas poderanse adquirir no local da ANPA

Días: luns 15 e martes 16

Horario: de 9.10 a 9.30 e de 16.30 a 17.00 horas.

Prezo para alumnado de familias socias da ANPA: 2€

Prezo para alumnado que non é socio: 12€ (50% desconto: 2º irmá/n en adiante)

Cesta de Nadal

Durante a festa de Nadal do centro, o día 19 de decembro ás 18.00 horas, extraeranse 3 números.

Os gañadores das cestas (primeiro número), serán publicados ese mesmo día na nosa páxina web e dispoñerá de 48 horas para reclamar o premio. De non realizalo no prazo establecido, informarase na web o segundo número e comezará o proceso de novo.

A reclamación do premio poderase facer efectiva contactando no 661 266 674 ou a través de anpaacubela@gmail.com

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *