Entroido 2023

17 de febreiro de 16.00 a 19.00 horas | Patio-pista cuberta do centro.

Coma sempre teremos xogos, obradoiros, sorteos e comida/bebidas que nos ofrecerán o alumnado de sexto de primaria e así colaborar co custe da súa excursión de Fin de Curso.

Tamén haberá concurso de disfraces e premios para os mellores! Haberá diferentes categorías para valorar a orixinalidade, o traballo, o humor e a posta en escena por cada grupo de idade.

Moitas sorpresas nos esperan!!!

Venda de entradas

As entradas se porán á venda os días martes 14 e mércores 15, en horario de

  • 9:10h a 9:30h pola mañá
  • 16:00h a 16:30h pola tarde

Prezos

Os prezos son de 2€ para o alumnado das familias socias e 12€ para o alumnado das familias non socias

Lembrade que, como é habitual, as actividades extraescolares programadas para ese día quedan anuladas.

Agardámosvos!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *