Festa de Nadal

CHEGA O NADAL!!!

Imos de festa para empezar as Vacacións!!!

Día: Xoves, 22 de Decembro | Hora: 16:00 a 19.00 horas | Lugar: Pista cuberta

Papá Noel recollerá as vosas cartas, bailaremos na pista cos animadores, haberá photo-call, xogos, inchable, talleres variados… Ademais contaremos con larpeiradas que preparará o alumnado de 6º para axuda da súa excursión de Fin de Curso!
Gardade ben a vosa entrada, están numeradas e vaise sortear unha fantástica cesta de Nadal, cortesía de GADIS, entre todas as entradas vendidas.

Ao fin da festa… bolsa de chuches para todos!! E……. SORPRESAS!!!!

  • Os nenos deberán estar acompañados en todo momento por un adulto.
  • Lembrade!! Non se pode comer nin beber na pista cuberta, haberá zonas sinalizadas onde facelo.
  • As entradas poderanse adquirir no local da ANPA o venres 9, luns 12 e martes 13 entre as 16.00 e as 16.30 horas.
    • Prezo socios ANPA: 2€
    • Prezo non socios: 12€ (50% desconto: 3º irmá/n en adiante)
  • Quedan suspendidas para esa tarde as actividades extraescolares.

MAIL: anpaacubela@gmail.com // WEB: www.anpaacubela.org // TEL.MÓBIL: 661 26 66 74

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *