Fotos de grupo e orlas 2022/23

Chega a primavera e con ela as fotos de grupo e as orlas de sexto de primaria. Para este curso 2022/23 a oferta será igual para todo o alumnado (socio e non socio) de packs de fotos individuais para cada alumna/o ou foto de grupo. Traballaremos co estudio de fotografía 300PIXEL especialistas en fotografía escolar.

Oferta

OFERTA XENÉRICA PARA TODO O ALUMNADO

Opción 1

NOVIDADE: Este ano como novidade haberá packs de fotos para todo o alumnado de infantil e primaria

PACK DE FOTOS ……………………………… 20€ (12€ para 6ºEP, cortesía do centro)

  • 1 Foto de grupo 20×30
  • 2 Fotos individuais 12,7×18 (a cor e B/N)
  • 1 Foto individual con calendario 12,7×18 (Foto grupo divertida 12,7×18 para 6ºEP)
  • 2 Fotos individuais 6×9
  • 8 Fotos de DNI
  • 2 Fotos tamaño cartera
  • Sobre baleiro para entregar o xustifiante bancario do pago

O PACK irá precintado en bolsa plástica TRANSPARENTE para que se poida ver. Se a foto non é do agrado da familia poderase repetir a sesión (previo aviso, sempre e cando se avise antes de rematar o prazo de entrega)

PASOS

Que teño que facer no momento no que recibo o pack

  1.    Transferencia bancaria ao estudio
    • Concepto: PACK + NOME E APELIDO ALUMNA/O + CURSO+ LETRA
    • Nº de cuenta: ES6301820365650101506544
  2. Meter o xustificante bancario no sobre e envialo ao cole antes de 3 días

Opción 2

Unicamente foto de grupo ……………………………. 8€ (gratuita no caso de 6ºEP, cortesía do centro)

  •  1 Foto de grupo 20×30 (paspartús de cartón e nunha bolsa de plástico pechada e independiente) 

PASOS

Que teño que facer no momento no que recibo o pack (NON ABRIR O PACK):

  1. Facer a transferencia ao estudio
    • Concepto: FOTO GRUPO + NOME E APELIDO ALUMNA/O + CURSO+ LETRA
    • Nº de cuenta: ES6301820365650101506544
  2. Introducir o xustificante no sobre e marcar no sobre foto de grupo 
  3. Devolver o PACK SEN ABRIR e o sobre antes de 3 días
  4. O profesorado entregará a foto nunha bolsa aparte nos días posteriores

Opción 3

NON QUERO O PACK

  1. Devolver todo SEN ABRIR.

Neste caso non hai nada que pagar.

Reparto de fotos e pago

Este ano o reparto e recollida será nas aulas.

  1.  No mes de maio, o CEIP repartirá as fotos o PACK nas propias AULAS á totalidade do alumnado (tamén para quen tivera escollido a opción de foto de grupo) para que o poidan levar a casa.   
  2. O pack irá precintado en bolsa plástica transparente para que se poida ver. NON SE PODE ABRIR O PACK se non se vai comprar. Devolvelo sen abrir non ten custe.

Alumnado 6º de EP

O CEIP regalará ao alumnado de 6ºEP como AGASALLO de despedida a FOTO DE GRUPO e a ORLA 30×40.

Polo que o PACK terá un precio reducido de 12€ para todo o alumnado de 6º de primaria. E a foto de grupo non terá custe algún. 

Descontos por irmáns

O precio para irmás/áns será o seguinte:

Opción 1 pack completo

1º irmá/n ………………… 20 € 

2º irmá/n en adiante…. 15 €

Farase una única transferencia polo importe total indicando os nomes d@s nen@s e irá unha copia do xustificante en cada sobre 

Segundas copias

No caso de familias que desexen segundas copias podedes poñervos en contacto directo co fotógrafo para solicitalas dentro dos prazos de entrega, o prezo será o mesmo que no caso de irmáns.

Opción 1 pack completo 

Original ……. 20€

Copias ……….15€

300PIXEL

Rúa Fariña Ferreño, 3 no Castrillón (xunto a Praza da Concordia) | 981204919 | info@300pixel.es | 300pixel.es

Sesións fotográficas

As datas para as sesións no colexio para as fotografías serán

Mércores 3 de maio (4º, 5º, 6º Infantil e 1ª de Primaria) 

Venres 5 de maio (2º a 6º de Primaria)

Recomendación de roupa

Ese día que vaian vestidos con cores neutras e lisas, sen estampados, raias, etc.

Faltas xustificadas

Para os casos excepcionais onde a/o alumna/o non poida participar ese día na sesión de fotos deberá pasarse polo estudo para sacar a foto e poder incluílo mediante retoque fotográfico

PRAZO: 1 semana

Datos 300PIXEL

Rúa Fariña Ferreño, 3 no Castrillón (xunto a Praza da Concordia) | 981204919 |  info@300pixel.es | https://300pixel.es/ 

Oferta única e exclusiva para os pedidos dentro do colexio. Calquera copia ou pack que se compre fóra dos prazos sinalados serán directamente ao estudio ao prezos xenéricos da tenda, non estará suxeito a esta oferta. 

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *