Obradoiros “Educando en Igualdade”

A nosa ANPA pon en marcha o proxecto “Educando en Igualdade” grazas á axuda económica da Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia (procedimento SI449B) dentro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e coa colaboración e o apoio de todo o centro educativo CEIP San Francisco Xabier.

Para isto, contaremos con  expertas educadoras en materia de Igualdade; a docente formada en Igualdade de Xénero Cristina M. Brito (JumpingKids), que se ocupará de atender a  etapa máis temprana da infancia e a especialista en xénero e educación emocional Sara Vierna Fernández (Almas Meraki) que se encargará da etapa máis madura. Falarán de roles de xénero, estereotipos, das desigualdades de xénero pero sempre dende unha perspectiva educativa e coa intención de axudar a asentar as bases para o respeto entre homes e mulleres.

As charlas para as familias serán os  días 3 e 4 de novembro de 16.00- 18.30h. no salón de actos do noso CEIP.

  • O día 03/11/2022 están orientadas as familias da etapa Infantil ata 2º EP que baixo o título “Educando co corazón!!” informaremos ás familias sobre a importancia de educar en igualdade, traballando os catro pilares dos “BOS TRATOS” (coeducación, autoestima, asertividade e resolución de conflitos). 
    • 16:00h a 17:00h: 4º, 5º e 6º Ed. INFANTIL
    • 17:15 a 18:30h: 1º e 2º Ed. PRIMARIA
  • O día 04/11/2022 a xornada estará dedicada as familias dos cursos de 3º a 6º Educación Primaria. A charla- obradorio de título “Coeducación emocional” será participativa e experiencial, na que se ofrecerán chaves e recursos para mellorar unha educación baseándose nos principios de igualdade. 
    • 16:00h a 18:00h – 3º,4º e 5º Ed PRIMARIA

Para favorecer a conciliación e facilitar a asistencia haberá un servizo de canguraxe para as familias que así o precisen. Por temas de aforo e para solicitar o servizo de canguraxe é necesario enviar un correo a ANPA indicando a que xornada acudirá e o número de crianzas e as idades (ou curso).

Esperamos que estas xornadas sexan do voso agrado e poidamos contar coa vosa asistencia. 

1 comentario sobre “Obradoiros “Educando en Igualdade””

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *