SITUACIÓN DOS CEIP A CORUÑA

A SITUACIÓN DA ESCOLA PÚBLICA É PREOCUPANTE. É MOMENTO DE IMPLICARNOS.

As ANPAS que formamos parte da Federación provincial de ANPAs da Coruña, queremos trasladar ás familias a nosa preocupación pola situación actual da escola pública. Os centros educativos levan tempo alertando dunha realidade que xa non se pode ignorar: falta de recursos, falta de persoal e carencias en infraestruturas que afectan directamente ao día a día do alumnado.

Reclamamos que as necesidades do alumnado se atendan pola súa complexidade real, non por baremos administrativos.

Non son casos illados. Non é unha percepción. É a realidade diaria. É una situación xeneralizada que está a dificultar unha atención educativa de calidade, inclusiva e segura. Pode ser que o noso centro non se vexa afectado por todas estas carencias, pero hoxe son outros e mañá será o noso centro.

Principais dificultades dos centros educativos na provincia da Coruña

📌 Falta de profesorado e persoal non docente
📌 Atención insuficiente ao alumnado con necesidades específicas
📌 Centros deteriorados, con problemas de accesibilidade, limpeza e seguridade
📌 Familias e profesorado asumindo responsabilidades que corresponden á Administración.

Un chamamento ás familias

A mellora da escola pública require a implicación de todas e todos. A participación das familias é clave para facer visible esta realidade e para esixir solucións que garantan os dereitos do alumnado.

Informarse, participar e colaborar como comunidade educativa é fundamental para avanzar.

Esta loita non é só das ANPAS, nin só do profesorado. É de todas as familias que cren na escola pública.

Non pedimos privilexios. Pedimos dereitos.

Pola escola pública. Pola inclusión real. Pola dignidade dos centros.

Polos dereitos do alumnado.

Publicacións similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *