Fotos de grupo e orlas 2023/24

Este curso 2023/24 teremos a posibilidade de adquirir fotos de grupo e volveremos ter pack individual, además da orla de fin de curso para o alumnado de sexto. Porén temos alguns cambios respecto do ano pasado.

En coordinación co centro acordouse que as fotos individuais se farán fóra do horario lectivo. A diferenza do curso pasado, este ano a foto individual será soamente para quen o teña solicitado previamente.

Podedes facer a solicitude na seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/1ZejQOSTSckd9GMlhKRnGHzE53lHb8BS1USQQdfEzkl0/edit

Opcións de reportaxe fotográfica:

Opción 1: PACK DE FOTOS

  • 20€ socios
  • 25€ NON socios

No caso de 6º de E. Primaria, o Centro colabora cunha achega económica de 10€ por alumno/a, polo que o prezo do pack será de 10€ para os socios e de 15€ para os NON socios.

O pack inclúe:

  • 1 Foto de grupo 20×30
  • 2 Fotos individuais 12,7×18 (a cor e B/N)
  • 1 Foto individual con calendario 12,7×18 (no caso de primaria, substitúese por unha foto de grupo divertida no mesmo tamaño)
  • 2 Fotos individuais 6×9
  • 8 Fotos de DNI
  • 2 Fotos tamaño cartera

*Naqueles casos nos que a foto individual non sexa do agrado da familia, poderase xestionar a repetición da mesma directamente co estudo sen ningún custo. Prazo 1 semana dende que se recibe a fotografía.

Opción 2: FOTO DE GRUPO (10€) Sen custo para o alumnado de 6º de Primaria por cortesía do centro

  • 1 Foto de grupo 20×30 (inclúe paspartús de cartón)

Opción 3: Só saír na foto de grupo pero sen recibir nada (sen custo)

Aínda que a familia saiba de antemán que non vai adquirir a fotografía, o/a alumno/a pode igualmente aparecer na orla e que os seus compañeiros dispoñan deste recordo da clase ao completo.

REPARTO DE FOTOS E PAGO

Para non interferir coa actividade regular das aulas, as fotograrías repartiranse directament no estudio. As familias deberán acudir ao estudo do fotógrafo para recollelas. O abono das fotografías realizarase directamente ao fotógrafo, mediante Bizum ou pasarela de pago con tarxeta bancaria. Próximamente enviaremos unha ligazón ou circular con esta información.

Opción 01 Socios: 20€
Opción 02 no socios: 25€
Opción 3, sólo grupo: 10 €

ALUMNADO DE SEXTO DE PRIMARIA

O CEIP obsequiará ao alumnado de 6º de E. Primaria coa FOTO DE GRUPO e a ORLA (cortesía da ANPA) de 30×40 cms como AGASALLO de despedida, polo que o prezo do pack para os socios é de 10€ e para os NON socios é de 15€. A foto de grupo e a orla non teñen custo para ningún alumno/a de 6ª de E. Primaria.

DESCONTOS POR IRMÁNS E SEGUNDAS COPIAS

IRMÁNS:

Pack de fotos: segundo irmán en adiante terán un desconto de 5€. É dicir, os socios pagarán 20€ polo pack do primero irmán e 15€ polos seguintes. No caso dos NO socios o prezo será de 25€ polo primeiro irmán e 20€ polos seguintes.

SÓ FOTO DE GRUPO:

Neste caso, só se aplica o desconto de 5€ se os irmáns están na mesma clase. É dicir, pagarán 10€ pola foto de grupo do primeiro irmán e 5€ polos seguintes.

SEGUNDAS COPIAS:

No caso de familias que desexen segundas copias, poñeranse en contacto co fotógrafo para solicitalas. Os prezos serán os seguintes:

COPIA DO PACK: 15€ SOCIOS / 20€ NON SOCIOS

COPIA DA FOTO DE GRUPO: 5€

DATAS PARA A SESIÓN FOTOGRÁFICA

Xoves 25 de abril: de 16 a 18 horas no comedor do colexio. Tomaranse as fotografías individuais do alumnado de 6º de E. Primaria e profesores/as. Data escollida polo centro educativo.

Luns 29 de abril: realizaranse as fotos de grupo de todos os cursos en horario escolar.

Martes 30 de abril e Xoves 2 de maio: de 16 a 18 horas no comedor do colexio tomaranse as fotografías individuais do alumnado que previamente o solicitase.

RECOMENDACIÓN DE ROUPA.- recoméndase que o día da sesión os/as alumnos/as vaian vestidos/as con cores neutras e lisas, evitando raias, debuxos e estampados.

FALTAS XUSTIFICADAS.- para casos excepcionais onde o/a alumno/a non poida participar ese día na sesión de fotos, poderá concertar unha cita co fotógrafo para tomar a foto no estudo e así poder incluíla mediante retoque fotográfico. PRAZO: 1 semana dende que se fai a fotografía de grupo.

DATOS 300PIXEL

Rúa Fariña Ferreño, 3 no Castrillón (xunto a Praza da Concordia) | 981204919 info@300pixel.es | https://300pixel.es/ 

Oferta única e exclusiva para os pedidos dentro do colexio. Calquera copia ou pack que se compre fóra dos prazos sinalados serán directamente ao estudio ao prezos xenéricos da tenda, non estará suxeito a esta oferta. Navegación de entradas

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *