ANPA "A Cubela"
Asociación de Nais e Pais do Alumnado do CEIP San Francisco Xabier
A Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA) e unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivo fundamental o de velar polo benestar e a calidade nos centros educativos dos seus fillos e fillas, e representar os intereses dos pais, nais ou titores legais en relación ao centro.
Como calquera asociación sen ánimo de lucro, ten uns estatutos, cobra unha cota ás familias socias e dispón dun CIF e conta corrente nun banco.
As ANPAs, como organización natural das familias de cada centro, son resultado da preocupación pola educación dos seus fillos e fillas, das necesidades de intervir, como parte integrante da comunidade educativa, nas decisións que afectan á convicencia no centro educativo.
Como funciona a ANPA
A ANPA, como asociación, réxese polos seus estatutos. No seu funcionamiento diario está gobernada pola Xunta Directiva, mais o organo soberano é a asemblea xeral, formada por todas as familias socias.
Na ANPA “A Cubela” cada familia é socia de pleno dereito, e só está obrigada a pagar unha cota polo total dos membros da familia, independentemente do número que a intengren (sempre e cando entre eles formen unha única unidade familiar).
A Xunta directiva está formada por:
- Presidenta: Marta Paz
- Vice-presidente: Manuel Alonso (Representante no Consello Escolar)
- Secretaria: Ana Esteban (Coordinadora Comedor)
- Tesoureira: María Seijo (Coordinadora Comedor)
- Vogal: Vanessa Estévez (Coordinadora Extraescolares)
- Vogal: Bárbara Pérez (Coordinadora Extraescolares e Axenda)
- Vogal: Sandra López (Banco de uniformes)
- Vogal: Azahara Moliz (Banco de uniformes)
- Vogal: Gonzalo Bahamonde (Coordinador Axenda Cultural)
Asociación de Nais e Pais do Alumnado do CEIP San Francisco Xabier

Que Facemos?
A ANPA busca mellorar a calidade e o benestar do alumnado durante o tempo que está no centro educativo, ofrecendo solucións de conciliación, intercedendo polo interés das familias e realizando accións que permitan mellorar a educación dos seus fillos.
Para conseguir os seus obxectivos a Xunta Directiva da ANPA se organiza en diferentes grupos para coordianar os seguintes servizos:
Comedor e Mañanceiros
Para as familias é moi importante poder contar cun horario adaptado aos horarios laborais. Neste orario entran tanto o almorzo como o xantar. Desde a ANPA ofrecemos este servizo cun control de calidade moi rigoroso.
Extraescolares
O horario de conciliación esténdese ata ás 18h- Para iso Ofrecemos un programa de actividadees que cubra tofos os horarios e che a todas as franxas de idade. Organizado cada ano con diferentes empresas que xestionan directamente as inscricións e cobros.
Formación ás familias
Creemos que o único xeito de mellorar a educación dos nosos fillo e fillas e manere unha formación constante ás familias- Para iso ofrecemos actividades complementarias que buscan mellorar as ferramentas educativas das familias.
Festas e actividades
Creemos que hai que xerar espazos de celebración e convivencia para que as familias podan relacioarse nun espazo de lecer.
Excursión
Cada ano o grupo de sexto de primaria celebra o final desta etapa educactiva cunha excursión. Ainda que son as familias as que se organizan, a ANPA colabora, na medida do posible, con accións que faciliten a autofinanciación e que ninguen quede sen ir.
Banco de uniformes
Os uniformes poden supor un aforro ás familias no momento de vestir ao alumnado. Estas prendas as veces poden quedar en moi bo estado e para nós é importante darlle uso mentres estea en boas condicións.
Contacto e información:
anpaacubela@gmail.com
661 266 674