Comedor
O Comedor Escolar é un servizo que ofrece o centro para contribuír á organización da vida familiar cun obxectivo educativo; o comedor escolar deberá proporcionar a consolidación dos hábitos de saúde e hixiene que xa se veñan desenvolvendo no ámbito familiar, ademáis de traballar outros valores como a solidariedade, a cooperación e a tolerancia. Por todos estes motivos, fíxanse unha serie de obxectivos e normas que marcan as actuacións de todos os que interveñen no servizo do Comedor Escolar.
Dentro dos servizos do Comedor Escolar está o servizo de Mañanceiros, para atender ás crianzas que precisan de coidado antes do comezo do horario lectivo. Neste horario existe a posibilidade de almorzar no comedor.

Información básica
No CEIP San Francisco Xabier traballamos coa empresa Jardanay, responsable do servizo de Comedor e Mañanceiros. Esta empresa foi a seleccionada pola ANPA baixo criterios que teñen en conta a calidade do servizo e da comida.
Novas do comedor
Neste apartado atoparás as novas relativas ao servizo de comedor e mañanceiros
Jardanay
Contacto e información
Ponte en contacto directo con Jardanay para máis información ou para resolver dúbidas concretas do funcionamento do comedor, madrugadores ou o servizo de cambiadores.
Servizos de Jardanay
Comedor
Horario de 13:50 a 16:00 horas
Tres Modalidades
Mensual
Fixo descontinuo: días fixos á semana.
Espóradico: días soltos.
Mañanceiros
Horario de entrada: de 7:30 a 8:30 horas
Dúas modalidades
Con almorzo: horario de 07:30 a 8:30 horas
Sen almorzo: horario de 07:30 a 8:45 horas
Cambiadores
Alumnado de Educación Infantil.
Personal de Jardanay
O horario de atención é o horario lectivo (durante as clases), madrugadores e comedor.
Pagamento
Domiciliación bancaria, entre os días 10 e 20 de cada mes.
A ausencia e non utilización do comedor/servizos de madrugadores non exime do pagamento da taxa.
Alerxias e intolerancias
Cubrir o formulario web
Achegar a documentación requirida. Correo electrónico de confirmación autorizando a incorporación.






