Benvidos a e benvidas a páxina web da
ANPA "A Cubela"
Asociación de Nais e Pais do Alumnado do CEIP San Francisco Xabier
A ANPA “A Cubela” é unha asociación sen ánimo de lucro formada por nais e pais comprometidos coa educación de calidade nos centros educativos, que busca representar os intereses dos pais, nais ou titores legais en relación ao centro.
Actualidade
Non perdas a información de interse para estar ao día das nosas actividades
FESTA NADAL 2025
Día: Venres 19 de Decembro | Hora: 16:00 a 19.00 horas | Lugar: Pista cuberta Outro ano máis Papá Noel virá ao cole para recoller...
Leer máis20 de novembro, Día Universal da Infancia
O 20 de novembro é unha data moi especial que queremos celebrar convosco. Conmemoramos o Día Universal da Infancia, un...
Leer máisThe Muppets en concerto!!!
O vindeiro xoves día 30 de outubro a partir das 16.15 horas, celebraremos un concerto no patio cuberto do colexio. En...
Leer máisActividades Extraescolares 2025/26
Prazo de inscrición aberto dende o 8 de setembro ás 12:00 horas ata o 14 de setembro ás 23:59 horas.
Leer máis
Asóciate!
A ANPA “A Cubela” é unha asociación sen ánimo de lucro formada por nais e pais comprometidos coa educación de calidade, que busca representar os intereses das familias na relación co centro.
As Asociacións de Nais e Pais do Alumnado, como organización natural de cada centro, son resultado da preocupación polo bens¡estar dos seus fillos e fillas e das necesidades de intervir, como parte integrante da comunidade educativa, nas decisións que afectan a estancia do alumnado no colexio.
Por que participar?
A ANPA organiza certos servizos no colexio para o uso do alumnado , pero sobre todo vela polos intereses das familias e intercede ante o colexio para resolver as necesidades de conciliación, convivencia e calidade.
- Servizo de comedor e mañanceiros
- Actividades extraescolares
- Xestión das orlas e fotos grupais
- Colaboración coa Excursión de 6º










