Cinema ao aire libre! “CANTA 2”.

Venres 10 de febreiro. 18:00h (APERTURA DE PORTAS 17:30). Entrada única: 2€

Dende o anpa A Cubela temos o pracer de presentarvos unha nova iniciativa nunca antes levada a cabo no noso centro e que esperamos que teña moi boa acollida entre as familias e desta maneira poder realizala en máis ocasións…

Trátase de cinema ao aire libre (pista cuberta). Nesta ocasión a película seleccionada é “CANTA 2”.

O alumnado poderá traer a súa propia mantita e coxín (facilitaremos unha esterilla para evitar contacto directo co chan) de casa e poñeremos á vosa disposición para poder colaborar coa excursión de sexto, diferentes comidas/bebidas que poderedes adquirir a prezos moi asequibles.

Agradecemos, coma sempre, de antemán, a vosa colaboración.

Prazas limitadas

Reserva xa a túa entrada enviando un mail a anpaacubela@gmail.com co Asunto: “Entrada cine + nome alumna/o + CURSO”

Recollida de entradas reservadas o MÉRCORES 8 DE FEBREIRO de 16 a 18h no local da ANPA.

Quedamos á vosa disposición por este medio ante calquera dúbida ou consulta.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *