Festa de Nadal 2023!

Día: Xoves, 21 de Decembro | Hora: 16:00 a 19.00 horas | Lugar: Pista cuberta

Outro ano máis Papá Noel virá ao cole para recoller as vosas cartas, bailaremos na pista con animadores, haberá photo-call, xogos moi divertidos, talleres variados… Ademais contaremos con moitas sorpresas e cousas ricas que preparará o alumnado de sexto de primaria para axuda da súa excursión de Fin de Curso!

Haberá o sorteo dunha CESTA de NADAL, consegue as rifas que xa está vendendo o alumnado de sexto!!!

Gardade ben a vosa entrada, ao sair daranvos unha sorpresa, pero hai que entregar a entrada.

Ao fin da festa… bolsa de SORPRESAS!!!!

Entradas

As entradas poderanse adquirir no local da ANPA

Días: xoves 14 e venres 15

Horario: de 9.10 a 9.30 e de 16.00 e as 16.30 horas.

Prezo para alumnado de familias socias da ANPA: 2€

Prezo para alumnado que non é socio: 12€ (50% desconto: 2º irmá/n en adiante)

Cesta de Nadal

Durante a festa de Nadal do centro, o día 21 de decembro ás 18.00 horas, extraeranse 3 números.

O gañador da cesta (primeiro número), será publicado ese mesmo día na nosa páxina web e dispoñerá de 48 horas para reclamar o premio. De non realizalo no prazo establecido, informarase na web o segundo número e comezará o proceso de novo.

A reclamación do premio poderase facer efectiva contactando no 661 266 674 ou a través de anpaacubela@gmail.com

Adaptación á diversidade funcional

Como medida de adaptación do noso alumnado con diversidade funcional, haberá unha cola rápida.

Na entrada, solicitamos que os familiares nos indiquen a conveniencia de utilizar esta liña para a participación do alumno ou alumna nas distintas actividades. Para facilitar a comunicación cos responsables de cada actividade, o alumno que teña dita necesidade identificarase cun selo que se colocará na entrada pola organización.

Normas

Lembra respectar as normas de convivencia

  • Os nenos deberán estar acompañados en todo momento por un adulto.
  • Os adultos deben levar a súa entrada (MAX 2 por familia)
  • Lembrade!! Non se pode comer nin beber na pista cuberta, haberá zonas sinalizadas onde facelo.
    • Prezo para alumnado de familias socias da ANPA: 2€
    • Prezo para alumnado que non é socio: 12€ (50% desconto: 2º irmá/n en adiante)
  • Quedan suspendidas para esa tarde as actividades extraescolares.

MAIL: anpaacubela@gmail.com // WEBwww.anpaacubela.org // TEL.MÓBIL: 661 26 66 74

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *