Cinema ao aire libre! “El Regreso de las Brujas 2”

Venres 12 de xaneiro. 18:00h (APERTURA DE PORTAS 17:30). Entrada única: 2€

Lugar: pista cuberta.
Data: venres 12 de xaneiro.
Emisión: 18:00 horas.
Película: “EL REGRESO DE LAS BRUJAS”.

Dende a ANPA A Cubela temos o pracer de presentarvos de novo a iniciativa xa levada a cabo o pasado curso con moi boa acollida por parte do alumnado no noso centro e as súas familias.

Trátase do… CINEMA AO AIRE LIBRE!!!

Teremos á vosa disposición diferentes comidas/bebidas que poderedes adquirir a prezos moi asequibles. Ou alumnado poderá traer a súa propia mantita e coxín (facilitaremos unha esterilla para evitar contacto directo co chan). Todos/as os/as nenos/as deberán estar acompañados por un adulto en todo momento.

LEMBRAMOS QUE ESTÁ TOTALMENTE PROHIBIDO FUMAR EN TODO O RECINTO ESCOLAR.

Agradecemos, coma sempre, de antemán, a vosa colaboración.

Entradas

Prezo único (socios e non socios): 2€ / alumno/a.
Xoves 11 de xaneiro (Mañá e tarde): de 9.10 a 9.30 e de 16.00 a 16.30 horas.
Venres 12 de xaneiro (Só de Mañá): de 9.10 a 9.30 horas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *