Entroido 2024

9 de febreiro de 16.00 a 19.00 horas | Patio cuberto do centro.

Contaremos con diferentes xogos e atraccións: Pista Americana, o Tragabolas, o xogo de Táboa de Surf, Toro Mecánico, Inchables, a Varredora… e moito máis!!

Para encher o bandullo teremos comida/bebidas que nos ofrecerán o alumnado de sexto de primaria e así colaborar co custe da súa excursión de Fin de Curso.

Tamén serán premiados os mellores disfraces!! Haberá diferentes categorías para valorar a orixinalidade, o traballo, o humor e a posta en escena por cada grupo de idade.

Moitas sorpresas nos esperan!!!

Venda de entradas

A venda de entradas realizarase no local da asociación o mércores 7 e xoves 8:

  • 9:10h a 9:30h pola mañá
  • 16:00h a 16:30h pola tarde

Prezos

Os prezos son de 2€ para o alumnado das familias socias e 12€ para o alumnado das familias non socias

Lembrade que, como é habitual, as actividades extraescolares programadas para ese día quedan anuladas.

Agardámosvos!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *